D3IMS000100
D3IMS000100 - LOOIFP | Produción de audiovisuais e espectáculos
Que se aprende a facer?
Planificar, organizar, supervisar e xestionar os recursos económicos, materiais, técnicos e humanos para a produción de audiovisuais, espectáculos e eventos, asegurando o cumprimento dos plans ou obxectivos da produción, no tempo e nas condicións de custo e calidade establecidas.
En que ámbitos se traballa?
Sector da produción de calquera tipo de programas audiovisuais (cine, vídeo, multimedia, televisión, radio e novos medios), así como produción de espectáculos (artes escénicas, producións musicais e eventos).
Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de produción de cine; axudante de produción de vídeo; axudante de produción de televisión; axudante de produción de animación; axudante de produción de multimedia; axudante de produción de radio; xefe/a de produción de espectáculos en vivo e eventos;axudante de produción de espectáculos en vivo e eventos; xerente de compañía.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0179 | Inglés profesional | 53 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0910 | Medios técnicos audiovisuais e escénicos | |||
1º | MP0915 | Planificación de proxectos audiovisuais | |||
1º | MP0918 | Planificación de proxectos de espectáculos e eventos | |||
1º | MP0920 | Recursos expresivos audiovisuais e escénicos | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15027800 | CIFP Imaxe e Son | 981173181 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32015050 | CIFP A Farixa | 988783012 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36024461 | CIFP Audiovisual de Vigo | 886111152 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).