D3IMA000100
D3IMA000100 - LOOIFP | Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos
Que se aprende a facer?
Desenvolver proxectos e planificar a montaxe das instalacións térmicas e de fluídos en edificios e procesos industriais, de acordo cos regulamentos e as normas establecidas, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade, de prevención de riscos laborais e de protección do medio.
En que ámbitos se traballa?
Nas industrias de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores de climatización (calefacción, refrixeración e ventilación) e produción de auga quente sanitaria, no sector industrial, e no de edificación e obra civil.
Que ocupacións se desempeñan?
Delineante proxectista de instalacións caloríficas. Delineante proxectista de instalacións de climatización e ventilaciónextracción. Delineante proxectista de instalacións frigoríficas. Delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos. Técnico en planificación de montaxes de instalacións caloríficas. Técnico/a en planificación de montaxes de instalacións de climatización e ventilación-extracción. Técnico/a en planificación de montaxes de instalacións frigoríficas. Técnico/a en planificación de procesos de montaxes de redes e sistemas de distribución de fluídos.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0124 | Enerxías renovables e eficiencia enerxética | |||
1º | MP0121 | Equipamentos e instalacións térmicas | |||
1º | MP0179 | Inglés profesional | 53 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0122 | Procesos de montaxe de instalacións | |||
1º | MP0123 | Representación gráfica de instalacións | |||
1º | MP0120 | Sistemas eléctricos e automáticos | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Culleredo | 15005749 | CIFP Universidade Laboral | 881960820 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).