D3HOT000500
D3HOT000500 - LOOIFP | Dirección de servizos de restauración
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar a produción e o servizo de alimentos e bebidas en restauración, determinando ofertas e recursos, controlando as actividades propias do aprovisionamento, cumprindo os obxectivos económicos, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, e prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas de restauración do sector público ou do privado. Neste caso, realizan as súas funcións baixo a dependencia da dirección ou a xerencia dun restaurante, ou do superior xerárquico equivalente. Tamén poden desenvolver a súa actividade profesional no ámbito do comercio de viños e outras bebidas, ben na venda directa, ou ben na distribución ou na asesoría.
Que ocupacións se desempeñan?
Director/ora de alimentos e bebidas; supervisor/ora de restauración moderna; "maître"; xefe/a de sala; encargado/a de bar-cafetaría; xefe/a de banquetes; xefe/a de operacións de cátering; "sommelier"; responsable de compra de bebidas; encargado/a de economato e adega.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0496 | Control do aprovisionamento de materias primas | |||
1º | MP0502 | Gastronomía e nutrición | |||
1º | MP0179 | Inglés profesional | |||
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0509 | Procesos de servizos en bar-cafetaría | |||
1º | MP0510 | Procesos de servizos en restaurante | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
1º | MP0501 | Xestión da calidade, e da seguridade e hixiene alimentarias |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15027897 | CIFP Paseo das Pontes | 881961030 |
Pontedeume | 15025682 | CIFP Fraga do Eume | 881930455 |
Santiago de Compostela | 15016000 | CIFP Compostela | 881866570 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vilamarín | 32016285 | CIFP de Vilamarín | 988685050 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Pontevedra | 36020064 | CIFP Carlos Oroza | 886159545 |
Vigo | 36013448 | CIFP Manuel Antonio | 886120750 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).