D3HOT000300
D3HOT000300 - LOOIFP | Guía, información e asistencia turísticas
Que se aprende a facer?
Planificar e promocionar destinos turísticos de base territorial, informar sobre eles, e guiar e asistir persoas viaxeiras e clientes nestes destinos, así como en terminais, en medios de transporte, en eventos e noutros destinos turísticos.
En que ámbitos se traballa?
No sector turístico, entendido este no seu sentido máis amplo, o que abrangue calquera ti-po de eventos, terminais de viaxeiros e empresas de transporte, ademais das áreas turísti-cas tradicionais, como destinos e puntos de información, entre outros. Ademais, tense ca-pacitación para crear e implantar plans e actividades de desenvolvemento locais, en rela-ción co mesmo sector. Trátase de persoal traballador por conta allea ou por conta propia, incluíndo a posibilidade de ocupar postos na Administracións ou en entes de característi-cas similares (consorcios, padroados, etc.).
Que ocupacións se desempeñan?
Guía local, guía acompañante, guía en lugares onde se localicen bens de interese cultural, informador/ora turístico/a, xefe/a de oficinas de información, promotor/ora turístico/a, técnico/a de empresa de consultoría turística, axente de desenvolvemento turístico local, azafata/asistente en medios de transporte terrestre ou marítimo, asistente en terminais (es-tacións, portos e aeroportos), encargado/a de facturación en terminais de transporte, e asis-tente en feiras, congresos e convencións.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0383 | Destinos turísticos | |||
1º | MP0171 | Estrutura do mercado turístico | |||
1º | MP0179 | Inglés profesional | |||
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0173 | Márketing turístico | |||
1º | MP0384 | Recursos turísticos | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15005221 | IES Plurilingüe Eusebio da Guarda | 881960060 |
Ferrol | 15006778 | CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro | 881930145 |
Santiago de Compostela | 15015755 | IES Plurilingüe Rosalía de Castro | 881866556 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27016455 | IES Sanxillao | 982828088 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32015050 | CIFP A Farixa | 988783012 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Pontevedra | 36020064 | CIFP Carlos Oroza | 886159545 |
Vigo | 36013448 | CIFP Manuel Antonio | 886120750 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).