D3FME000300

 

D3FME000300 - LOOIFP | Deseño en fabricación mecánica

Ciclo formativo
Familia: Fabricación mecánica
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 2000
Código: D3FME000300
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Deseñar produtos de fabricación mecánica, utensilios de procesamento de chapa, moldes e modelos para polímeros, fundición, forxa, estampación ou pulvimetalurxia, asegurando a calidade, e cumprindo a normativa de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En industrias transformadoras de metais, polímeros, elastómeros e materiais compostos relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Delineante proxectista, técnico/a en CAD, técnico/a en desenvolvemento de produtos, técnico/a en desenvolvemento de matrices, técnico/a en desenvolvemento de utensilios, técnico/a en desenvolvemento de moldes, técnico/a de desenvolvemento de produtos e moldes.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0429 Deseño de moldes e modelos de fundición
MP0427 Deseño de produtos mecánicos
MP0179 Inglés profesional 53 2
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 106 5
MP0245 Representación gráfica en fabricación mecánica
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1
MP0432 Técnicas de fabricación mecánica

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ferrol 15006754 CIFP Ferrolterra 981333107

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36014568 CIFP Valentín Paz Andrade 886110857




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).