D3EOC000200
D3EOC000200 - LOOIFP | Proxectos de obra civil
Que se aprende a facer?
Elaborar a documentación técnica de proxectos de obra civil e de ordenación do territorio, realizar levantamentos e implantacións de obras de construción e xestionar o control documental para a súa execución, respectando a normativa e as condicións establecidas de calidade, seguridade e ambiente.
En que ámbitos se traballa?
Como traballadores autónomos ou asalariados en estudos de delineación, de arquitectura e de enxeñaría, promotoras, empresas de servizos técnicos e consultorías, empresas construtoras, concesionarias e de explotación, e empresas doutros sectores cuxas actividades presenten unha marcada incidencia territorial con actividades de explotación de recursos naturais e Administracións públicas. A súa actividade está regulada.
Que ocupacións se desempeñan?
Delineante proxectista de estradas, delineante proxectista de urbanización, delineante de obra civil, delineante de servizos urbanos, práctico en topografía, especialista en levantamento de terreos, especialista en levantamento de construcións, especialista en implantacións, aparellista, delineante de topografía, axudante de xefe/a de oficina técnica, axudante de planificador/ora, axudante de técnico/a de control de custos, técnico/a de control documental, maquetista de construción, delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0562 | Estruturas de construción | |||
1º | MP0565 | Implantacións de construción | |||
1º | MP0179 | Inglés profesional | 53 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0770 | Redes e servizos en obra civil | |||
1º | MP0563 | Representacións de construción | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
1º | MP0769 | Urbanismo e obra civil |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
Santiago de Compostela | 15027058 | IES As Fontiñas | 881866661 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).