D3ENA000200
D3ENA000200 - LOOIFP | Enerxías renovables
Que se aprende a facer?
Efectuar a coordinación da montaxe, a posta en servizo, a xestión da operación e o mantemento de parques e instalacións de enerxía eólica, así como promover instalacións,desenvolver proxectos e xestionar e realizar a montaxe e o mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, e tamén xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento, e realizar a operación e o mantemento de primeiro nivel en subestacións eléctricas.
En que ámbitos se traballa?
En empresas dedicadas a realizar a promoción, a montaxe, a explotación e o mantemento de instalacións de enerxías eólicas e solares fotovoltaicas para a produción de enerxía eléctrica, así como en empresas relacionadas coa xeración, o transporte e a distribución de enerxía eléctrica, ou que posúan instalacións de alta tensión, e tamén en empresas industriais que realicen traballos de montaxe e mantemento de subestacións eléctricas.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a de xestión de operación e mantemento en instalacións eólicas, responsable de montaxe de parques eólicos, responsable de montaxe de aeroxeradores, especialista montador/ora de aeroxeradores, especialista en mantemento de parques eólicos,promotor/ora de instalacións solares, proxectista de instalacións solares fotovoltaicas,responsable de montaxe de instalacións solares fotovoltaicas, responsable de mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, responsable de explotación e mantemento de pequenas centrais solares fotovoltaicas, montador/ora operador/ora de instalacións solaresfotovoltaicas, encargado/a de montaxe de subestacións eléctricas de instalacións eólicas efotovoltaicas, encargado/a de mantemento de subestacións eléctricas de instalacións eólicas e fotovoltaicas, operador/ora mantedor/ora de subestacións eléctricas de instalacións eólicas e fotovoltaicas.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0681 | Configuración de instalacións solares fotovoltaicas | |||
1º | MP0179 | Inglés profesional | 53 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0671 | Prevención de riscos eléctricos | |||
1º | MP0680 | Sistemas de enerxías renovables | |||
1º | MP0668 | Sistemas eléctricos en centrais | |||
1º | MP0669 | Subestacións eléctricas | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
1º | MP0670 | Telecontrol e automatismos |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Culleredo | 15005749 | CIFP Universidade Laboral | 881960820 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36014568 | CIFP Valentín Paz Andrade | 886110857 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).