D3ELE000400
D3ELE000400 - LOOIFP | Mantemento electrónico
Que se aprende a facer?
Manter e reparar equipamentos e sistemas electrónicos, profesionais, industriais e de consumo, así como planificar e organizar os procesos de mantemento, con criterios de calidade, aplicando a normativa e os plans de prevención de riscos laborais e ambientais.
En que ámbitos se traballa?
Empresas do sector servizos, tanto privadas como públicas, dedicadas ao mantemento e a reparación de equipamentos e sistemas de telecomunicacións, sistemas microprocesados,redes de banda larga, telemática e radiocomunicacións, así como equipamentos industriais e profesionais de audio e vídeo, por conta propia ou allea.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de sistemas de radio e televisión,e sistemas de produción audiovisual; técnico/a en reparación e mantemento de sistemas de radio e televisión, e sistemas de produción audiovisual; técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de sistemas de radiodifusión; técnico/a en reparación e mantemento de sistemas de radiodifusión; técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de sistemas domóticos, inmóticos e de seguridade electrónica; técnico/a en reparación e mantemento de sistemas domóticos, inmóticos e de seguridade electrónica;técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de redes locais e sistemas telemáticos; técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos de redes locais e sistemas telemáticos; técnico/a en supervisión, verificación e control de sistemas de radioenlaces; técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos profesionais de audio; técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos profesionais de vídeo;técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos industriais.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1051 | Circuitos electrónicos analóxicos | |||
1º | MP1052 | Equipamentos microprogramables | |||
1º | MP0179 | Inglés profesional | 53 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP1055 | Mantemento de equipamentos de electrónica industrial | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
1º | MP1058 | Técnicas e procesos de montaxe e mantemento de equipamentos electrónicos |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15005269 | IES Urbano Lugrís | 881960715 |
Muros | 15026388 | IES Plurilingüe Fontexería | 881867110 |
Santiago de Compostela | 15015767 | CIFP Politécnico de Santiago | 881867601 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Nigrán | 36015184 | IES Escolas Proval | 886110369 |
Pontevedra | 36014489 | CIFP A Xunqueira | 886159860 |
Vigo | 36017430 | IES Ricardo Mella | 886121001 |
Vigo | 36011609 | CPR Colegio Hogar Afundación | 986414311 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).