D3COM000400
D3COM000400 - LOOIFP | Márketing e publicidade
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en definir e efectuar o seguimento das políticas de márketing baseadas en estudos comerciais, e en promocionar e publicitar os produtos e/ou servizos nos medios e nos soportes de comunicación axeitados, elaborando os materiais publipromocionais necesarios.
En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas públicas e privadas de calquera sector produtivo, nomeadamente no sector do comercio e márketing, realizando funcións de planificación, organización e xestión de actividades de márketing, investigación comercial, publicidade e relacións públicas. Trátase de persoas por conta propia que xestionan a súa empresa realizando actividades de comunicación e de publicidade e eventos, ou de traballadores e traballadoras por conta allea que exercen a súa actividade nos departamentos de márketing, comunicación e gabinetes de prensa e comunicación de calquera empresa ou organización, no ámbito público e privado.
Que ocupacións se desempeñan?
Asistente do xefe de produto; técnico de márketing; técnico en publicidade; técnico en relacións públicas; organizador de eventos de márketing e comunicación; auxiliar de medios en empresas de publicidade; controlador de cursaxe ou emisión en medios de comunicación; técnico en estudos de mercado e opinión pública; técnico en traballos de campo; inspector de persoal enquisador; axente de enquisas e censos; codificador de datos para as investigacións de mercados.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0179 | Inglés | |||
1º | MP1010 | Investigación comercial | |||
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0931 | Márketing dixital | |||
1º | MP0930 | Políticas de márketing | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
1º | MP0623 | Xestión económica e financeira da empresa |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Arzúa | 15020313 | EFAG El Piñeiral | 981500580 |
Betanzos | 15001136 | IES Francisco Aguiar | 881960165 |
Ferrol | 15006778 | CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro | 881930145 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27006528 | CIFP As Mercedes | 982828001 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Marín | 36015159 | IES Chan do Monte | 886151275 |
Tui | 36014544 | IES Indalecio Pérez Tizón | 886110749 |
Vigo | 36011579 | IES A Guía | 886111003 |
Vigo | 36011622 | CPR Aloya | 986420722 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).