D3AGA000200

 

D3AGA000200 - LOOIFP | Paisaxismo e medio rural

Ciclo formativo
Familia: Agraria
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 2000
Código: D3AGA000200
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar as actividades axeitadas para o desenvolvemento de proxectos de xardíns e zonas verdes, e a xestión da produción de plantas e da produción agrícola, supervisando os traballos, programando e organizando os recursos materiais e humanos dispoñibles, aplicando criterios de rendibilidade económica e cumprindo a normativa ambiental, de produción ecolóxica, de produción en viveiro, de control de calidade, de seguridade alimentaria e de prevención de riscos laborais.

 

En que ámbitos se traballa?
Na área de xestión de empresas públicas e privadas dedicadas á instalación, a restauración e o mantemento de parques e xardíns, restauración da paisaxe, produción agrícola convencional ou ecolóxica, e produción de sementes e plantas en viveiro, por conta allea ou por conta propia. Ademais desenvolve actividades de organización, control e realización de tratamentos praguicidas regulados pola normativa.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico en xardinaría; deseñador de zonas axardinadas que non requiran a redacción dun proxecto; encargado da instalación de parques, xardíns e áreas recreativas urbanas e periurbanas, de mantemento, conservación e restauración de xardíns e parques (áreas recreativas urbanas e periurbanas, e medio natural), de obras de xardinaría e restauración da paisaxe, de podas e operacións de cirurxía arbórea, de viveiros en xeral, de propagación e cultivo de plantas en viveiro, de colleita de sementes e froitos en altura, de produción de sementes e terróns de céspede, de almacén de expedicións de plantas, terróns de céspede e/ou sementes; traballador por conta propia en empresas de xardinaría e restauración da paisaxe; xestor de produción agrícola, tanto convencional como ecolóxica, por conta propia ou allea; responsable de almacén agrícola, de equipamentos de tratamentos terrestres; encargado ou capataz agrícola de hortas, viveiros e xardíns, en xeral.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0690 Botánica agronómica
MP0698 Conservación de xardíns e céspedes deportivos
MP0692 Fitopatoloxía
MP0179 Inglés profesional 53 2
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 106 5
MP0694 Maquinaria e instalacións agroforestais
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1
MP0693 Topografía agraria
MP0691 Xestión e organización do viveiro

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coristanco 15021974 EFAG Fonteboa 981733051




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).