D3AFD000200
D3AFD000200 - LOOIFP | Acondicionamento físico
Que se aprende a facer?
Elaborar, coordinar, desenvolver e avaliar programas de acondicionamento físico para todos os tipos de persoas usuarias e en diferentes espazos de práctica, dinamizando as actividades e orientándoas cara á mellora da calidade de vida e da saúde, garantindo a seguridade e aplicando criterios de calidade, tanto no proceso como nos resultados do servizo.
En que ámbitos se traballa?
No ámbito público (Administración xeral do Estado e administracións autonómicas e locais) e en entidades de carácter privado, en ximnasios, empresas de servizos deportivos, padroados deportivos ou entidades deportivas municipais, clubs ou asociacións deportivas ou de carácter social, empresas turísticas (hoteis, cámping, balnearios, etc.), grandes empresas con servizos deportivos para o seu persoal, centros xeriátricos ou de carácter social, federacións deportivas ou organismos públicos de deportes (deputacións, direccións xerais de deporte, etc.).
Que ocupacións se desempeñan?
Adestrador/a de acondicionamento físico nas salas de adestramento polivalente de ximnasios ou polideportivos e en instalacións acuáticas, e de acondicionamento físico para grupos con soporte musical en ximnasios, instalacións acuáticas ou en polideportivos; instrutor/a de grupos de hidrocinesia e coidado corporal; promotor/a de actividades de acondicionamento físico; animador/a de actividades de acondicionamento físico; coordinador/a de actividades de acondicionamento físico e de hidrocinesia; monitor/a de aeróbic, de step, de ciclo indoor, de fitness acuático e de actividades afíns; instrutor/a das actividades de acondicionamento físico para colectivos especiais.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1151 | Acondicionamento físico na auga | |||
1º | MP1149 | Actividades básicas de acondicionamento físico con soporte musical | |||
1º | MP1153 | Control postural, benestar e mantemento funcional | |||
1º | MP0179 | Inglés profesional | 53 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
1º | MP1136 | Valoración da condición física e intervención en accidentes |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15005233 | IES Agra do Orzán | 881880080 |
Culleredo | 15005749 | CIFP Universidade Laboral | 881960820 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27006425 | CPR Seminario Diocesano Sagrado Corazón | 982220100 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32015050 | CIFP A Farixa | 988783012 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Cangas | 36000922 | IES María Soliño | 886120012 |
Lalín | 36013758 | IES Laxeiro | 886151940 |
Vigo | 36011579 | IES A Guía | 886111003 |
Vilagarcía de Arousa | 36013771 | CIFP Fontecarmoa | 886151956 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).