D3ADG000200
D3ADG000200 - LOOIFP | Asistencia á dirección
Que se aprende a facer?
Asistir a dirección e outros departamentos nas actividades de organización, representación da entidade e funcións administrativa e documental, así como xestionar a información e a comunicación interna e externa, e realizar outras tarefas por delegación, utilizando, en caso necesario, a lingua inglesa e/ou outra lingua estranxeira, aplicando a normativa e os protocolos de xestión de calidade que aseguren a satisfacción da clientela ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Ao lado de un ou máis membros directivos ou executivos, ou ben dun equipo de traballo (departamento, proxecto, grupo, etc.) nun contexto de crecente internacionalización. Ten un papel basicamente interpersoal, organizativo e administrativo, que pode desenvolverse en calquera tipo de organización (empresas nacionais ou internacionais, asociacións, axencias gobernamentais, entidades do sector público ou privado, domésticas ou internacionais), que dan cabida a este tipo de profesional. A denominación dos seus postos varía substancialmente dependendo dos costumes profesionais de cada sector, a maior ou menor cualificación esixida polo tipo de traballo, a importancia relativa das actividades que se desempeñan por delegación e o grao de responsabilidade que se lle outorga. Tomando en conta o seu papel específico de apoio a un superior ou grupo de traballo, o persoal asistente de dirección traballa habitualmente por conta allea e actúa só ou formando parte da estrutura dun equipo, e de xeito independente total ou parcialmente.
Que ocupacións se desempeñan?
Asistente á dirección, asistente persoal, secretario/a de dirección, asistente de despachos e oficinas, asistente xurídico/a, asistente en departamentos de recursos humanos, administrativo/a na Administración e en organismos públicos.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0651 | Comunicación e atención á clientela | |||
1º | MP0179 | Inglés profesional | |||
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0649 | Ofimática e proceso da información | |||
1º | MP0650 | Proceso integral da actividade comercial | |||
1º | MP0648 | Recursos humanos e responsabilidade social corporativa | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
1º | MP0647 | Xestión da documentación xurídica e empresarial |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15005397 | IES Fernando Wirtz Suárez | 881960260 |
Coruña, A | 15005270 | CPR Afundación A Coruña | 881963018 |
Ferrol | 15006778 | CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro | 881930145 |
Santiago de Compostela | 15027058 | IES As Fontiñas | 881866661 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27015773 | IES Muralla Romana | 982828081 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32016765 | CIFP Portovello | 988788901 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Pontevedra | 36018677 | IES Luís Seoane | 986857700 |
Vigo | 36017430 | IES Ricardo Mella | 886121001 |
Vigo | 36011622 | CPR Aloya | 986420722 |
Vigo | 36013795 | CPR CEBEM | 986419899 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).