D2TCP000100
D2TCP000100 - LOOIFP | Confección e moda
Que se aprende a facer?
Confeccionar, tanto á medida coma industrialmente, pezas, complementos e outros artigos en téxtil e pel, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En establecementos e industrias de confección e moda dedicadas ao preparado e corte de materiais, á produción de pezas, ao remate industrial de pezas e complementos de vestir en téxtil e pel, e artigos téxtiles para o fogar, usos industriais e deportivos. De igual modo, pode exercer a súa actividade en establecementos dedicados á realización de vestiario á medida.
Que ocupacións se desempeñan?
Confeccionista. Axudante de xastraría e modistaría. Especialista en confección. Oficial de confección. Cortador/ora de pezas e artigos téxtiles. Operador/ora de máquinas industriais de coser e bordar. Cosedor/ora-ensamblador/ora. Marcador/ora-cortador/ora de pezas e artigos en téxtil e pel. Pasador/ora-acabador/ora. Operador/ora de máquinas de remate.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0269 | Confección industrial | |||
1º | MP0267 | Corte de materiais | |||
1º | MP0271 | Información e atención á clientela | |||
1º | MP0156 | Inglés profesional | 50 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0275 | Materiais téxtiles e pel | |||
1º | MP0264 | Moda e tendencias | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15027897 | CIFP Paseo das Pontes | 881961030 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Monforte de Lemos | 27015311 | IES A Pinguela | 982828051 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36013448 | CIFP Manuel Antonio | 886120750 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).