D2MAP000400
D2MAP000400 - LOOIFP | Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en operar e manter a planta propulsora e os equipamentos e sistemas do buque, e colaborar na seguridade, na supervivencia e na asistencia sanitaria a bordo, aplicando criterios de calidade e cumprindo os plans de prevención de riscos laborais e ambientais da empresa.
En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en buques dedicados ao transporte marítimo de carga e pasaxe, ou en buques pesqueiros, de natureza pública ou privada, dentro dos límites e as atribucións que estableza a Administración competente.
Así mesmo, a súa formación permítelles desempeñar funcións por conta allea ou por conta propia en empresas dedicadas ao mantemento de embarcacións e plantas enerxéticas.
Que ocupacións se desempeñan?
Operario de reparación e mantemento de motores e grupos mecánicos; operario de reparación e mantemento de plantas enerxéticas de motor e vapor; xefe de máquinas; oficial de máquinas ou primeiro oficial de máquinas; electromecánico de mantemento e instalación de planta propulsora, máquinas e equipamentos auxiliares de embarcacións deportivas e de recreo; mecánico de motores e equipamentos de inxección (diésel e gasolina); mecánico de motores de gasolina; mecánico de motores diésel; mecánico de motores en maquinaria industrial; mecánico de motores e grupos mecánicos navais en estaleiros; mantedor de aire acondicionado e fluídos en embarcacións deportivas e de recreo; electricista naval; electricista de mantemento e reparación de motores, dínamos e transformadores; operario de instalación e mantemento de sistemas frigoríficos e de aire acondicionado.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1033 | Atención sanitaria a bordo | |||
1º | MP0156 | Inglés | |||
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP1172 | Mantemento da planta propulsora e maquinaria auxiliar | |||
1º | MP1175 | Mantemento das instalacións e máquinas eléctricas en buques e embarcacións | |||
1º | MP1173 | Procedementos de mecanizado e soldadura en buques e embarcacións | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Culleredo | 15005749 | CIFP Universidade Laboral | 881960820 |
Ribeira | 15027812 | ESCO Oficial Náutico-Pesqueira | 881866317 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36011804 | INSTITUTO Marítimo Pesqueiro do Atlántico | 886110825 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).