D2MAM000100

 

D2MAM000100 - LOOIFP | Carpintaría e moble

Ciclo formativo
Familia: Madeira, moble e cortiza
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: medio
Horas: 2000
Código: D2MAM000100
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en fabricar elementos de carpintaría e mobles, realizando os procesos de mecanizado, montaxe, acabamento, almacenamento e expedición de produtos, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
Este profesional exerce a súa actividade nas industrias dedicadas á fabricación e a montaxe de moblaxe e elementos de carpintaría, e na aplicación de produtos de acabamento.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Operador/ora de máquinas fixas para fabricar produtos de madeira; operador/ora de prensas; operador/ora armador/ora en banco; montador/ora ensamblador/ora de elementos de carpintaría; vernizador/ora lacador/ora; responsable de sección de acabamentos.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0542 Control de almacén
MP0156 Inglés profesional 50 2
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 106 5
MP0538 Materiais en carpintaría e moble
MP0540 Operacións básicas de carpintaría
MP0541 Operacións básicas de moblaxe
MP0539 Solucións construtivas
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15024513 CIFP Someso 881880001
Ferrol 15006754 CIFP Ferrolterra 981333107
Melide 15008817 IES de Melide 881866109
Ortigueira 15020544 IES de Ortigueira 881930407
Santiago de Compostela 15015767 CIFP Politécnico de Santiago 881867601

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Estrada, A 36002359 IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez 886151924
Pontevedra 36014489 CIFP A Xunqueira 886159860
Vigo 36014568 CIFP Valentín Paz Andrade 886110857




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).