D2IMA000300
D2IMA000300 - LOOIFP | Mantemento electromecánico
Que se aprende a facer?
Montar e manter maquinaria e equipamento industrial e liñas automatizadas de produción, de acordo coas normas e os regulamentos establecidos, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais e respecto polo ambiente.
En que ámbitos se traballa?
En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.
Que ocupacións se desempeñan?
Mecánico/a de mantemento; montador/ora industrial; montador/ora de equipamentos eléctricos; montador/ora de equipamentos electrónicos; mantedor/ora de liña automatizada; montador/ora de bens de equipamento; montador/ora de automatismos pneumáticos e hidráulicos; instalador/ora electricista industrial; electricista de mantemento e reparación de equipamentos de control, medida e precisión.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0952 | Automatismos pneumáticos e hidráulicos | |||
1º | MP0951 | Electricidade e automatismos eléctricos | |||
1º | MP0156 | Inglés profesional | 50 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
1º | MP0949 | Técnicas de fabricación | |||
1º | MP0950 | Técnicas de unión e montaxe |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Cedeira | 15026376 | IES Punta Candieira | 881930076 |
Cee | 15003224 | IES Fernando Blanco | 881880465 |
Coruña, A | 15005269 | IES Urbano Lugrís | 881960715 |
Fene | 15032081 | IES de Fene | 881938280 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Sarria | 27012036 | IES Gregorio Fernández | 982870790 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32009131 | IES Universidade Laboral | 988788486 |
Verín | 32013582 | IES García-Barbón | 988685085 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36011634 | IES Politécnico de Vigo | 986213025 |
Vilagarcía de Arousa | 36013771 | CIFP Fontecarmoa | 886151956 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).