D2AGA000300
D2AGA000300 - LOOIFP | Xardinaría e floraría
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en instalar, conservar e restaurar xardíns de exterior e interior, así como pradarías para uso deportivo, e realizar as actividades de produción de planta e de floraría, manexando e mantendo a maquinaria e as instalacións, consonte a normativa ambiental, de control de calidade e de prevención de riscos laborais.
En que ámbitos se traballa?
Desenvolve a súa actividade en empresas públicas e privadas dedicadas á instalación, o mantemento e a mellora de xardíns de interior, de exterior e de zonas verdes, á produción de plantas e terróns de céspede en viveiro e á creación e elaboración de composicións e ornamentacións con flores e plantas. Ademais, desenvolve actividades de comercialización e distribución, tanto por conta propia como por conta allea. Así mesmo, está capacitado para realizar tratamentos praguicidas, segundo a actividade regulada pola normativa e de acordo coa lexislación sobre prevención de riscos laborais.
Que ocupacións se desempeñan?
Traballador/ora de hortas, viveiros e xardíns; xardineiro/a en xeral; xardineiro/a coidador de campos de deporte; traballador/ora de parques urbanos e de xardíns históricos e botánicos; traballador/ora cualificado/a na instalación de xardíns e zonas verdes; traballador/ora cualificado/a en mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes; traballador/ora cualificado/a por conta propia en empresa de xardinaría; viveirista; traballador/ora en viveiros en xeral; traballador/ora cualificado/a en propagación de plantas en viveiros; traballador/ora cualificado/a en cultivo de plantas en viveiros; traballador/ora especialista en recolección de sementes e froitos en altura; traballador/ora cualificado/a en produción de sementes; enxertador/ora, traballador/ora cualificado en viveiros; florista por conta propia ou allea; oficial de floraría; vendedor/ora de floraría.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0404 | Fundamentos agronómicos | |||
1º | MP0576 | Implantación de xardíns e zonas verdes | |||
1º | MP0408 | Infraestruturas e instalacións agrícolas | |||
1º | MP0156 | Inglés profesional | 50 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0409 | Principios de sanidade vexetal | |||
1º | MP0578 | Produción de plantas e terróns de céspede en viveiro | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
1º | MP0407 | Taller e equipamentos de tracción |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ponteareas | 36007552 | CIFP A Granxa | 886120880 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).