D1MAM001100
D1MAM001100 - LOOIFP | Carpintaría e moble
Que se aprende a facer?
Realizar operacións básicas de fabricación, instalación e montaxe de elementos de carpintaría e moble, mecanizando madeira e derivados, acondicionando superficies, aplicando produtos de acabamento e auxiliando nos procesos de tapizado, colaborando na elaboración de produtos coa estética e os acabamentos requiridos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
En pequenas, medianas e grandes empresas, por conta allea ou propia, dedicadas á fabricación e á instalación de elementos de carpintaría e moble, así como á aplicación de produtos de acabamento e tapizado de mobles en xeral.
Que ocupacións se desempeñan?
Montador/ora de produtos de ebanistaría en xeral; montador/ora de mobles de madeira ou similares; montador/ora produtos de madeira excepto ebanistaría; montador/ora de envases e embalaxes de madeira e similares; acabador/ora de mobles de madeira; acoitelador/ora e vernizador/ora de parqué; vernizador/ora e lacador/ora de artesanía de madeira; vernizador/ora e lacador/ora de mobles de madeira; operador/ora de tren de acabamento de mobles; embalador/ora, empaquetador/ora e etiquetador/ora á man; peón da industria da madeira e da cortiza; tapiceiro/a de mobles.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | |||
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | |||
1º | MP3075 | Instalación de elementos de carpintaría e moble | |||
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | 64 | 2 | |
1º | MP3077 | Materiais e produtos téxtiles | |||
1º | MP3074 | Operacións básicas de mecanizado de madeira e derivados |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Arteixo | 15020431 | CPR Agarimo | 981600687 |
Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
Coruña, A | 15004204 | IES Rosalía Mera | 981252600 |
Ferrol | 15006754 | CIFP Ferrolterra | 981333107 |
Melide | 15008817 | IES de Melide | 881866109 |
Ortigueira | 15020544 | IES de Ortigueira | 881930407 |
Santiago de Compostela | 15015767 | CIFP Politécnico de Santiago | 881867601 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27006516 | CIFP Politécnico de Lugo | 982220328 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Estrada, A | 36002359 | IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez | 886151924 |
Pontevedra | 36014489 | CIFP A Xunqueira | 886159860 |
Salvaterra de Miño | 36020337 | IES de Salvaterra de Miño | 886110701 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).