D1EOC001100
D1EOC001100 - LOOIFP | Reforma e mantemento de edificios
Que se aprende a facer?
Realizar traballos auxiliares en obras de construción, de obra nova, rehabilitación e reforma, colaborando na execución de fábricas para revestir, na aplicación de revestimentos continuos e nos traballos de azulexado, pavimentación e pintura, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
En pequenas, medianas e grandes empresas dedicadas á execución, á reforma e á rehabilitación de obras de edificación e urbanización, por conta allea.
Que ocupacións se desempeñan?
Operario/a de albanelaría básica; axudante de albanel; peón especializado; axudante en pavimentación para urbanización; axudante de solador/ora; axudante de azulexador/ora; axudante de esacaiolista; auxiliar de xeseiro/a; axudante de acabamentos; auxiliar de empapelador/ora; axudante de pintor/ora; axudante de revestimentos continuos; axudante de mantemento básico de edificios.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP3082 | Albanelaría básica | 234 | 8 | |
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | 6 | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | 7 | |
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | 64 | 2 | |
1º | MP3086 | Reformas e mantemento básico de edificios | 179 | 6 | |
1º | MP3087 | Traballos de pavimentación exterior e de urbanización | 116 | 4 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32009189 | CPR Ramón María del Valle- Inclán | 988366214 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Poio (San Salvador) | 36025219 | CIFP de Cantería de Galicia | 886152111 |
Porriño, O | 36019529 | IES Ribeira do Louro | 986333956 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).