D1ELE001200
D1ELE001200 - LOOIFP | Instalacións electrotécnicas e mecánica
Que se aprende a facer?
Realizar operacións auxiliares na montaxe e no mantemento de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios, así como operacións básicas de fabricación e montaxe para fabricación mecánica, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de instalacións electrotécnicas de edificios, vivendas, oficinas e locais comerciais e industriais, baixo a supervisión de persoal de nivel superior. A actividade está regulada polo regulamento electrotécnico de baixa tensión e pola normativa das infraestruturas comúns de telecomunicacións.
Que ocupacións se desempeñan?
Operario/a de instalacións eléctricas de baixa tensión; axudante/a de montador/ora de antenas receptoras de radio, televisión terrestre e televisión por satélite; axudante/a de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos; de instalacións telefónicas; axudante/a de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación; peón da industria de produción e distribución de enerxía eléctrica; de industrias manufactureiras; auxiliares de procesos automatizados.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | 6 | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | 7 | |
1º | MP3013 | Instalacións eléctricas e domóticas | 175 | 6 | |
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | 64 | 2 | |
1º | MP3020 | Operacións básicas de fabricación | 179 | 6 | |
1º | MP3021 | Soldadura e carpintaría metálica | 175 | 6 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Moaña | 36004745 | IES Plurilingüe A Paralaia | 886120354 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).