D1AGA001200
D1AGA001200 - LOOIFP | Actividades agropecuarias
Que se aprende a facer?
Realizar operacións auxiliares en explotacións agrogandeiras relacionadas, entre outras cousas, con cultivos agrícolas, co manexo do gando e co envasamento e a distribución de produtos agroalimentarios, seguindo instrucións de superiores ou plan de traballo, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, as de benestar animal, as de seguridade alimentaria e as boas prácticas gandeiras, e comunicándose oralmente e por escrito en lingua galega e en lingua castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Área de produción e/ou na área ambiental en grandes, medianas e pequenas empresas agropecuarias, de carácter público ou privado, que se dediquen a actividades relacionadas co cultivo agrícola e coa gandaría produtiva.
Que ocupacións se desempeñan?
Peón agrícola; peón agropecuario; peón en horticultura; peón en fruticultura; peón en cultivos herbáceos; peón en cultivos de flor cortada; peón en explotacións gandeiras; auxiliar de muxidura; pastor/ora; aplicador de biocidas en explotacións e vehículos gandeiros; peón da industria alimentaria.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | 6 | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | 7 | |
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | 64 | 2 | |
1º | MP3052 | Operacións auxiliares de obtención e colleita de cultivos | 237 | 8 | |
1º | MP3051 | Operacións auxiliares de preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos | 117 | 4 | |
1º | MP3114 | Operacións básicas de manexo da produción gandeira | 175 | 6 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Castro de Rei | 27015891 | IES da Terra Chá, José Trapero Pardo | 982870144 |
Fonsagrada, A | 27014811 | IES Plurilingüe Fontem Albei | 982828263 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).