BTCP11
BTCP11 - Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel
Que se aprende a facer?
Realizar operacións de arranxo, adaptación e mantemento de pezas de vestir, roupa de fogar e complementos de decoración e de pel, ademais da reparación de calzado e marroquinaría, así como a realización de actividades complementarias de gornicionaría e, de ser o caso, de duplicación de chaves, en comercios de proximidade ou en instalacións industriais, conseguindo produtos en condicións estética e acabados, operando coa calidade indicada requirida, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Actividades de xeito autónomo ou por conta allea en pequenas empresas ou talleres artesáns dedicados á reparación de calzado e marroquinaría, así como en talleres de confección e arranxo de pezas de vestir, roupa de fogar, complementos de decoración téxtiles e de pel, ou en pequenas empresas que realicen arranxos neste tipo de artigos tanto a comercios de moda como a clientela final.
Que ocupacións se desempeñan?
Zapateiro/a reparador/ora de calzado; axudante de reparación de calzado; reparador/ora de artigos de marroquinaría; axudante de marroquinaría; gornecioneiro/a; marroquineiro/a artesanal; costureiro/a á man ou con máquina doméstica; costureiro zurcidor/ora; modista de arranxos e composturas; operario/a de confección; operario/a de modistaría.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | 6 | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | 7 | |
1º | MP3101 | Confección de artigos téxtiles para decoración | 204 | 7 | |
1º | MP3091 | Reparación de artigos de marroquinaría e elaboración de pequenos artigos de gornicionaría | 175 | 6 | |
1º | MP3092 | Reparación de calzado e actividades complementarias | 150 | 5 | |
2º | MP3095 | Arranxos e adaptacións en pezas de vestir e roupa de fogar | 265 | 11 | |
2º | MP3005 | Atención á clientela | 58 | 3 | |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | 162 | 7 | |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | 135 | 6 | |
2º | MP3097 | Formación en centros de traballo | 320 | ||
2º | MP3077 | Materiais e produtos téxtiles | 88 | 4 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).