BFME12

 

BFME12 - Fabricación de elementos metálicos

Ciclo formativo
Familia: Fabricación mecánica
Sistema educativo: LOE
Grao: básico
Horas: 2000
Código: BFME12
Documentación: RD
DOG

Que se aprende a facer?
Realizar operacións básicas de mecanizado e montaxe para a fabricación mecánica con materiais metálicos (férricos e non férricos), así como realizar operacións auxiliares na montaxe e no mantemento de elementos e equipamentos eléctricos e electrónicos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose de forma oral e escrita en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
Por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de elementos metálicos mediante procedementos de soldadura e caldeiraría lixeira, así como á montaxe e ao mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos, sempre baixo a supervisión de persoal con titulación superior. A actividade está regulada polo regulamento electrotécnico de baixa tensión.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Operario/a de instalacións eléctricas de baixa tensión. Axudante/a de montador/ora de antenas receptoras de radio, televisión terrestre e televisión por satélite; operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos; montador/ora de compoñentes en placas de circuíto impreso; auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos; probador/ora axustador/ora de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos; peóns de industrias manufactureiras; auxiliares de procesos automatizados; peóns e auxiliares de industrias metalúrxicas, de fabricación de produtos metálicos e manufactureiras; auxiliar soldador/ora de materiais de aceiro ao carbono por arco eléctrico con eléctrodo revestido de rútilo, de estruturas metálicas pesadas e lixeiras, e de tubaxes; de oxicortador/ora á man, de cortador/ora de metais por plasma á man, de procesos automatizados; auxiliar de carpinteiro/a metálico/a e de montador/ora de estruturas metálicas.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
AM3009 Ciencias aplicadas I 175
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I 206
MP3073 Operacións básicas de caldeiraría lixeira 175
MP3020 Operacións básicas de fabricación 179
MP3021 Soldadura e carpintaría metálica 175
MP3022 Carpintaría de aluminio e PVC 175
AM3010 Ciencias aplicadas II 162
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II 135
MP3015 Equipamentos eléctricos e electrónicos 236
MP3079 Formación en centros de traballo 320




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).