BAGA11

 

BAGA11 - Agroxardinaría e composicións florais

Ciclo formativo
Familia: Agraria
Sistema educativo: LOE
Grao: básico
Horas: 2000
Código: BAGA11
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Elaborar composicións con flores e plantas e realizar operacións auxiliares en cultivos, en produción de planta en invernadoiros ou en centros de xardinaría, colaborando na preparación do terreo e na implantación e o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
Traballos auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas en empresas dedicadas á ornamentación floral e/ou decoración de espazos e eventos. Tamén desenvolven a súa actividade profesional na área de produción e/ou na área de ambiente en grandes, medianas e pequenas empresas, tanto públicas como privadas, dedicadas ao cultivo agrícola, á produción de plantas e á instalación e o mantemento de xardíns e zonas verdes. Están, ademais, capacitadas para realizar tratamentos praguicidas de nivel básico, segundo a actividade regulada pola normativa correspondente.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Peón agrícola; peón agropecuario; peón en horticultura; peón en fruticultura; peón en cultivos herbáceos; peón en cultivos de flor cortada; peón de xardinaría; peón de viveiro; peón de centros de xardinaría; peón de campos deportivos; peón de floraría; auxiliar de floraría; auxiliar de almacén de flores.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
AM3009 Ciencias aplicadas I 175 6
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I 206 7
MP3051 Operacións auxiliares de preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos 117 4
MP3053 Operacións básicas de produción e mantemento de plantas en viveiros e centros de xardinaría 175 6
MP3055 Operacións básicas en instalación de xardíns, parques e zonas verdes 117 4
MP3056 Operacións básicas para o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes 120 4
MP3050 Actividades de rega, fertilización e tratamentos en cultivos 157 7
AM3010 Ciencias aplicadas II 162 7
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II 135 6
MP3058 Formación en centros de traballo 320
MP3057 Materiais de floraría 119 5
MP3054 Operacións auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas 135 6




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).