SSAN05

 

SSAN05 - Laboratorio clínico e biomédico

Ciclo formativo
Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SSAN05
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar estudos analíticos de mostras biolóxicas, seguindo os protocolos normalizados de traballo, aplicando as normas de calidade, seguridade e ambientais establecidas, e valorando os resultados técnicos, para que sirvan como soporte á prevención, ao diagnóstico, ao control da evolución e ao tratamento da doenza, así como á investigación, seguindo os protocolos establecidos na unidade asistencial.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, na área do laboratorio de análises clínicas, así como no diagnóstico, no tratamento, na xestión e na investigación. Actúan como traballadores/as dependentes en organismos ou institucións pequenos, medianos ou grandes. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico. Técnico/a especialista en laboratorio. Axudante técnico en laboratorio de investigación e experimentación. Axudante técnico en laboratorio de toxicoloxía. Delegado/a comercial de produtos hospitalarios e farmacéuticos.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1369 Bioloxía molecular e citoxenética 187 7
MP1370 Fisiopatoloxía xeral 213 8
MP1376 Formación e orientación laboral 107 4
MP1368 Técnicas xerais de laboratorio 240 9
MP1367 Xestión de mostras biolóxicas 213 8
MP1371 Análise bioquímica 175 10
MP1377 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1378 Formación en centros de traballo 384
MP1373 Microbioloxía clínica 157 9
MP1375 Proxecto de laboratorio clínico e biomédico 26
MP1374 Técnicas de análise hematolóxica 175 10
MP1372 Técnicas de inmunodiagnóstico 70 4

Réxime de persoas adultas na modalidade presencial

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).