SIMA01
SIMA01 - Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos
Que se aprende a facer?
Desenvolver proxectos e planificar a montaxe das instalacións térmicas e de fluídos en edificios e procesos industriais, de acordo cos regulamentos e as normas establecidas, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade, de prevención de riscos laborais e de protección do medio.
En que ámbitos se traballa?
Nas industrias de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores de climatización (calefacción, refrixeración e ventilación) e produción de auga quente sanitaria, no sector industrial, e no de edificación e obra civil.
Que ocupacións se desempeñan?
Delineante proxectista de instalacións caloríficas. Delineante proxectista de instalacións de climatización e ventilaciónextracción. Delineante proxectista de instalacións frigoríficas. Delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos. Técnico en planificación de montaxes de instalacións caloríficas. Técnico/a en planificación de montaxes de instalacións de climatización e ventilación-extracción. Técnico/a en planificación de montaxes de instalacións frigoríficas. Técnico/a en planificación de procesos de montaxes de redes e sistemas de distribución de fluídos.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0124 | Enerxías renovables e eficiencia enerxética | 80 | 3 | |
1º | MP0121 | Equipamentos e instalacións térmicas | 213 | 8 | |
1º | MP0130 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0122 | Procesos de montaxe de instalacións | 213 | 8 | |
1º | MP0123 | Representación gráfica de instalacións | 160 | 6 | |
1º | MP0120 | Sistemas eléctricos e automáticos | 187 | 7 | |
2º | MP0125 | Configuración de instalacións de climatización, calefacción e AQS | 175 | 10 | |
2º | MP0127 | Configuración de instalacións de fluídos | 140 | 8 | |
2º | MP0126 | Configuración de instalacións frigoríficas | 157 | 9 | |
2º | MP0131 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0132 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0128 | Planificación da montaxe de instalacións | 105 | 6 | |
2º | MP0129 | Proxecto de instalacións térmicas e de fluídos | 26 |
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).