SHOT04
SHOT04 - Dirección de cociña
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar a produción e o servizo en cociña, determinando ofertas e recursos, controlando as actividades propias do aprovisionamento, a produción e o servizo, cumprindo os obxectivos económicos, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector da hostalaría e, en concreto, do subsector de restauración. Poden actuar en pequenos establecementos, en moitas ocasións como propietario ou propietaria e responsable de cociña simultaneamente. Malia desenvolver habitualmente a súa actividade profesional en establecementos de carácter privado, tamén pode desenvolvela en establecementos públicos, nomeadamente nos sectores educativo, sanitario e de servizos sociais. Cando non actúan por conta propia, realizan as súas funcións baixo a dependencia da dirección do establecemento, sexa este un hotel ou sexa outro tipo de aloxamento ou establecemento de restauración.
Que ocupacións se desempeñan?
Director/ora de alimentos e bebidas; director/ora de cociña; xefe/a de produción en cociña; xefe/a de cociña; segundo/a xefe/a de cociña; xefe/a de operacións de cátering; xefe/a de partida; cociñeiro/a; encargado de economato e adega.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0496 | Control do aprovisionamento de materias primas | 53 | 2 | |
1º | MP0506 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0502 | Gastronomía e nutrición | 53 | 2 | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | 160 | 6 | |
1º | MP0499 | Procesos de elaboración culinaria | 267 | 10 | |
1º | MP0497 | Procesos de preelaboración e conservación en cociña | 240 | 9 | |
1º | MP0501 | Xestión da calidade e da seguridade e hixiene alimentarias | 80 | 3 | |
2º | MP0498 | Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña | 210 | 12 | |
2º | MP0507 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0508 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0505 | Proxecto de dirección de cociña | 26 | ||
2º | MP0504 | Recursos humanos e dirección de equipos en restauración | 53 | 3 | |
2º | MP0503 | Xestión administrativa e comercial en restauración | 70 | 4 | |
2º | MP0500 | Xestión da produción en cociña | 244 | 14 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15027897 | CIFP Paseo das Pontes | 881961030 |
Santiago de Compostela | 15016000 | CIFP Compostela | 881866570 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Foz | 27020562 | IES de Foz | 982870287 |
Lugo | 27016455 | IES Sanxillao | 982828088 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36013448 | CIFP Manuel Antonio | 886120750 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).