MMAM02
MMAM02 - Instalación e amoblamento
Que se aprende a facer?
Instalar elementos de carpintaría e estruturas de madeira e mobles, realizando os procesos de mecanizado, montaxe, axuste e acabamento, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas dedicadas á montaxe e a instalación de carpintaría e amoblamento, e á aplicación de produtos de acabamento para o retoque.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de equipos de carpinteiros de madeira, carpinteiro/a de armar en construción,carpinteiro/a en xeral, carpinteiro/a de decorados, ebanista e traballador/ora asimilado/a,montador/ora instalador/ora de mobles, fabricante de estruturas de madeira e pezas de carpintaría e ebanistería para a construción.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0542 | Control de almacén | 53 | 2 | |
1º | MP0782 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0538 | Materiais en carpintaría e moble | 133 | 5 | |
1º | MP0540 | Operacións básicas de carpintaría | 240 | 9 | |
1º | MP0541 | Operacións básicas de moblaxe | 240 | 9 | |
1º | MP0539 | Solucións construtivas | 187 | 7 | |
2º | MP0783 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0784 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0780 | Instalación de carpintaría | 210 | 12 | |
2º | MP0781 | Instalación de estructuras de madeira | 140 | 8 | |
2º | MP0779 | Instalación de moblaxe | 87 | 5 | |
2º | MP0778 | Planificación da instalación | 140 | 8 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Estrada, A | 36002359 | IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez | 886151924 |
Pontevedra | 36014489 | CIFP A Xunqueira | 886159860 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).