BELE11

 

BELE11 - Electricidade e electrónica

Ciclo formativo
Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOE
Grao: básico
Horas: 2000
Código: BELE11
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar operacións auxiliares na montaxe e no mantemento de elementos e equipamentos eléctricos e electrónicos, así como en instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións para edificios e conxuntos de edificios, aplicando as técnicas requiridas, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en empresas de montaxe e mantemento de instalacións electrotécnicas de edificios, vivendas, oficinas, locais comerciais e industriais, con supervisión de nivel superior e baixo a regulación do Regulamento Electrotécnico de baixa Tensión e da Normativa das Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Operario/a de instalacións eléctricas de baixa tensión; axudante de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélites; axudante de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos; axudante de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación; axudante de instalador/ora reparador/ora de instalacións telefónicas; peón da industria de produción e distribución de enerxía eléctrica; axudante de montador/ora de sistemas microinformáticos; operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos; auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos; probador/ora axustador/ora de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos; montador/ora de compoñentes en placas de circuíto impreso.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
AM3009 Ciencias aplicadas I 175 6
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I 206 7
MP3015 Equipamentos eléctricos e electrónicos 233 8
MP3013 Instalacións eléctricas e domóticas 296 10
AM3010 Ciencias aplicadas II 162 7
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II 135 6
MP3018 Formación en centros de traballo 320
MP3016 Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos 206 9
MP3014 Instalacións de telecomunicacións 205 9




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).