Celebración de InnovAtlántico 4.0, salón das novas solucións tecnolóxicas

Os próximos días 10 e 11 de outubro terá lugar en Vigo o primeiro salón das novas solucións tecnolóxicas "InnovAtlántico 4.0". Este salón mostrará as novidades da industria 4.0, as tecnoloxías para a saúde, a robótica, os drons, a industria aeroespacial ou a intelixencia artificial.

A área expositiva complementarase con varias sesións técnicas nas que participarán expertos en diversos campos ligados á industria 4.0. Tamén será unha ocasión para que as administracións, a industria e o centros de coñecemento (universidades, centros educativos, plataformas tecnolóxicas, etc.) intercambien experiencias e analicen tendencias relacionadas coas novas tecnoloxías.

A asistencia a este salón é gratuíta e o rexistro debe facerse a través da seguinte ligazón:

Etiquetas: