Carnés profesionais. Listaxe provisional de solicitudes. Primeira convocatoria 2020

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da primeira convocatoria 2020 de probas de carnés e habilitacións profesionais.

Reclamacións contra a listaxe provisional. Mentres dure a situación derivada da pandemia por Covid-19, será posible presentar a reclamación a esta listaxe a través do correo electrónico habilitacions.profesionais@edu.xunta.gal, con independencia de que con posterioridade se estableza o período de reclamación.

Será imprescindible facer referencia ao número de rexistro de entrada da solicitude de participación nas probas para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais. Poderá xuntarse, en formato electrónico, canta documentación complementaria se considere necesaria. Quen presente reclamación por esta vía non precisará realizar ningún trámite posterior no prazo que se abra a tal efecto.

- Máis información