Bolsas para titulados superiores universitarios e en formación profesional en asuntos relacionados coa Unión Europea
Establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria de seis bolsas de formación, cinco dirixidas a licenciadas/os ou posuidoras/es de grao universitario e unha dirixida a técnicas/os superiores de formación profesional en Secretariado ou Asistencia á dirección para a realización de prácticas en asuntos europeos nas oficinas da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e Bruxelas durante o ano 2016.
As bolsas terán unha duración de 11 meses. As prácticas comezarán o 18 de xaneiro de 2016 e rematarán o 16 de decembro de 2016.
O prazo para a presentación de solicitudes e a documentación remata o día 20 de novembro de 2015.
Etiquetas: