Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Carpintaría
Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33 skills ou especialidades nos que houbo competición.
A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.
No skill Carpintaría competiron 10 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.
Representou a Galicia o alumno do CIFP A Xunqueira de Pontevedra, Ramón Fraguas Iglesias, participando como titor o profesor dese centro José Cortizo Blanco e como experto o profesor do CIFP Someso da Coruña, Benigno Rafael García Amor.
Este alumno obtivo mención de excelencia neste skill.