Acto de entrega de premios do Programa "Emprendemento en FP, Proxecta o teu Futuro" 2019

O día 18 de febreiro de 2019 tivo lugar na refinería Repsol en A Coruña o acto de entrega de premios do Programa "Emprendemento en FP, Proxecta o teu Futuro" desenvolvido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Fundación Repsol e CISE durante o curso 2018-2019.

Neste concurso participaron 11 proxectos, resultando gañador o proxecto "Fungal Biomaterials", presentado por alumnado pertencente ao IES A Sardiñeira e ao IES Fernando Wirtz, cunha proposta de novo material similar ao coiro producido por un fungo. Este novo material caracterízase por unha produción máis rápida, económica e ecolóxica, polo que vai dirixida a empresas interesadas en novos materiais, como tapizadoras ou téxtiles.

O segundo premio foi para o proxecto "Bguard", cun equipo formado por alumnado do IES Someso, IES Calvo Sotelo e IES Fernando Wirtz, que presentou un dispositivo para bicicletas de alerta de proximidade de vehículo que aumenta a seguridade do usuario e realiza gravación do que ocorre na contorna que posibilita a investigación en caso de accidente.

Cada un dos membros do equipo clasificado en primeiro lugar recibiu unha tarxeta regalo de 200 €, mentres que os compoñentes do segundo equipo clasificado obtiveron unha tarxeta regalo por valor de 100 €.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Emprendemento en FP, Proxecta o teu Futuro 2019
  • Emprendemento en FP, Proxecta o teu Futuro 2019
  • Emprendemento en FP, Proxecta o teu Futuro 2019
  • Emprendemento en FP, Proxecta o teu Futuro 2019
Etiquetas: 
Multimedia: