Admisión a ciclos formativos: listaxe de persoas adxudicadas na 2ª adxudicación extraordinaria

Publicación das listaxes de persoas con praza adxudicada na convocatoria extraordinaria nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade a distancia.

 

Réxime ordinario

O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue dende o mércores 23 de setembro ata as 13:00 horas do venres 25 de setembro de 2015. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. No caso de presentar renuncia hai que ter en conta que esta é a última adxudicación e que soamente se empregarán as listaxes de espera para cubrir as prazas que resulten vacantes por inasistencia ás actividades lectivas do alumnado matriculado.

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

- Listaxe de persoas admitidas nos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de persoas admitidas nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o periódo de matriculación da adxudicación).

Réxime para as persoas adultas

O prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue dende o mércores 23 de setembro ata as 13:00 horas do venres 25 de setembro de 2015 . A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

Modalidade presencial

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

- Listaxe nos módulos de grao medio
- Listaxe nos módulos de grao superior

   

Modalidade distancia

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

- Listaxe nos módulos de grao medio
- Listaxe nos módulos de grao superior

Etiquetas: