Acreditación de competencias para profesionais da CRTVG
Convocatoria específica do proceso de acreditación de competencias para determinados colectivos de profesionais da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Corporación Radio e Televisión de Galicia S.A. teñen subscrito un convenio sobre a colaboración educativa no ámbito da formación profesional.
En desenvolvemento da cláusula cuarta do devandito convenio está subscrita unha addenda, con data de sinatura 7 de outubro de 2016, que acorda o alcance dunha convocatoria do proceso de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral para os traballadores da corporación que reúnan os requisitos establecidos no RD 1224/2009, do 17 de xullo, no marco do Plan de recoñecemento da experiencia profesional que desenvolve a dita consellería.
O dito acordo prevé unha convocatoria para un número máximo de 300 traballadores en unidades de competencia de seis ciclos formativos das familias profesionais de Imaxe e son, Electricidade e electrónica, e Administración e xestión.
Coa publicación desta convocatoria no portelo de formación profesional ábrese o prazo de presentación de solicitudes ata o día 18 de novembro de 2016.