Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes. Xestión forestal

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria realizada ao abeiro da Resolución do 26 de abril de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, para determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, en desenvolvemento do Acordo de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería do Medio Rural.

As persoas que  figuran na listaxe de solicitantes que precisan emendar a documentación poden coñecer os erros detectados na súa solicitude na ligazón www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Edición de solicitudes e consulta de expedientes>> –indicando o número da súa solicitude e o seu PIN.

Para todas as listaxes, independentemente da listaxe na que figure, debe verificar que os datos persoais ou as unidades de competencias solicitadas coinciden coas da listaxe. Se detecta algún erro debe presentar unha reclamación.

O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será de dous días hábiles, do martes día 23 ao mércores 24 de maio de 2017, antes das 15h e entregaranse no mesmo lugar e forma que as solicitudes.

Procedemento para presentar emenda de documentación ou reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente remitila á sede onde entregou a súa solicitude xunto á documentación necesaria.

A continuación atopará as listaxes de solicitantes que non precisan emendar a documentación e as listaxes de solicitantes que precisan emendar a documentación.

15015767 - CIFP Politécnico de Santiago
Solicitantes con documentación apta para ser baremada
Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

27006516 - CIFP Politécnico de Lugo
Solicitantes con documentación apta para ser baremada
Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

32015050 - CIFP A Farixa
Solicitantes con documentación apta para ser baremada
Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

36007552 - CIFP A Granxa
Solicitantes con documentación apta para ser baremada
Solicitantes que precisan emendar a súa documentación