D1TMV001200
D1TMV001200 - LOOIFP | Mantemento de embarcacións deportivas e de recreo
Que se aprende a facer?
Realizar operacións auxiliares de mantemento electromecánico en sistemas e equipamentos, de reparacións en elementos estruturais e aparellos, de protección e embelecemento de superficies, en embarcacións tanto deportivas como de recreo, seguindo as instrucións recibidas, adoptando as medidas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
No sector do mantemento de embarcacións deportivas e de recreo, nomeadamente en talleres de reparación e de mantemento naval e construción de embarcacións de recreo e deporte.
Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar de carpinteiro/a de ribeira, de pintor/ora de embarcacións, de mantemento de elementos de plástico reforzado con fibra, de mantemento de sistemas mecánicos de embarcacións, de mantemento de sistemas eléctricos e electrónicos de embarcacións e de mantemento de aparellos de embarcacións.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | 6 | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | 7 | |
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | 64 | 2 | |
1º | MP3043 | Mecanizado e soldadura | 175 | 6 | |
1º | MP3040 | Protección e embelecemento de superficies de embarcacións | 150 | 5 | |
1º | MP3028 | Reparación estrutural básica de embarcacións deportivas | 204 | 7 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Culleredo | 15005749 | CIFP Universidade Laboral | 881960820 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Pontevedra | 36014489 | CIFP A Xunqueira | 886159860 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).