D1AFD001100
D1AFD001100 - LOOIFP | Acceso e conservación en instalacións deportivas
Que se aprende a facer?
Realizar operacións auxiliares no control de acceso, circulación e asistencia aos usuarios e visitantes da instalación deportiva, o apoio á organización de actividades físico deportivas seguindo instrucións de superiores ou plan de traballo, a prevención para a mellora da seguridade dentro do recinto e a reposición ou reparación de avarías de nivel básico, operando coa calidade indicada, e actuando en condicións de seguridade e de prevención de riscos laborais e a protección ambiental correspondentes, e comunicándose de forma oral e escrita en lingua castelá e no seu caso na lingua cooficial propia, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Actividade profesional por conta allea, tanto no ámbito público, a Administración Xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en ximnasios e federacións deportivas, en piscinas, espazos naturais, parques acuáticos, empresas de servizos deportivos, empresas de turismo activo, hoteis, cámpings, balnearios e centros de SPA, empresas de xestión deportiva, clubs e asociacións deportivo-recreativas e de lecer, centros educativos e instalacións deportivas afíns, e baixo a supervisión directa dun responsable superior.
Que ocupacións se desempeñan?
Acompañante de usuarios en instalacións deportivas, auxiliar de arquivo, auxiliar de control de instalacións deportivas, auxiliar de información, auxiliar de oficina, auxiliar de servizos xerais, axudante Control e Mantemento, clasificador e/ou repartidor de correspondencia, conserxe de colexios, conserxe de instalacións, conserxe de piscinas, mozo vestiario de piscinas, ordenanza, subalterno de dependencias, subalterno de piscinas, recepcionista, taquillero, telefonista en servizos centrais de información.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP3004 | Arquivamento e comunicación | 146 | 5 | |
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | 7 | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | 8 | |
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | 64 | 2 | |
1º | MP3150 | Reparación de avarías e reposición de utensilios | 204 | 8 | |
1º | MP3003 | Técnicas administrativas básicas | 179 | 7 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Culleredo | 15005749 | CIFP Universidade Laboral | 881960820 |
Santiago de Compostela | 15015743 | IES Arcebispo Xelmírez I | 881866962 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32015050 | CIFP A Farixa | 988783012 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).