Iniciar sesión: Acceso

Autorizacións e xustificacións

XUSTIFICACIÓN DAS FALTAS

Todo o alumnado deste centro está matriculado na modalidade presencial, polo tanto, a asistencia ás clases é obrigatoria.

Hai dous tipos de faltas que deben ser xustificadas polos/as responsables dos menores ou, de ser o caso, polos/as propios/as alumnos/as cando estes/as sexan maiores de idade: faltas de puntualidade por sesión e materia e faltas de asistencia por sesión e materia.

A xustificación das faltas farase a través da aplicación ABALAR MÓBIL.

 

FALTAS DE ASISTENCIA NA ESO E NO BACHARELATO

Deben saber que o DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar refírese á falta inxustificada ás clases nos seguintes termos:

"Artigo 38. Condutas gravemente prexudiciais para a convivencia.

Son condutas gravemente prexudiciais para a convivencia nos centros docentes as que se enumeran a continuación: (...) k) A reiteración, nun mesmo curso escolar, de condutas leves contrarias á convivencia.

Artigo 42. Condutas leves contrarias á convivencia.

Son condutas leves contrarias á convivencia as que se enumeran a continuación: (…) c) A falta de asistencia inxustificada á clase e as faltas reiteradas de puntualidade, nos termos establecidos polas normas de convivencia de cada centro; d) A reiterada asistencia ao centro sen o material e equipamento precisos para participar activamente no desenvolvemento das clases.

Artigo 43. Medidas correctoras.

As condutas leves contrarias á convivencia poderán ser corrixidas coas medidas correctoras que se enumeran a continuación:

e) Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do centro por un período de ata dúas semanas; g) Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período de ata tres días lectivos. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado haberá de realizar os deberes ou os traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo; h) Suspensión temporal do dereito de asistencia ao centro por un período de ata tres días lectivos. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.

Artigo 39. Medidas correctoras das condutas gravemente prexudiciais.

1. As condutas gravemente prexudiciais para a convivencia nos centros docentes poden ser corrixidas coas seguintes medidas: (…) b) Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do centro por un período de entre dúas semanas e un mes; (…) d) Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período de entre catro días lectivos e dúas semanas. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo; e) Suspensión temporal do dereito de asistencia ao centro por un período de entre catro días lectivos e un mes. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo."

ASISTENCIA OBRIGATORIA

O control efectivo da asistencia a clases do alumnado corresponde, en primeiro lugar, ao centro educativo quen, de producirse absentismo nos termos marcados pola normativa, deberá, entre outras actuacións, poñelo en coñecemento doutros axentes educativos e sociais. Para que isto se efectúe con garantías e dunha forma coordinada a Consellería proveeu aos centros do Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia.

(clica o enlace)

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/11632

 

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa