Iniciar sesión: Acceso

Música

Concerto de Alteanos

O pasado 18 de marzo tivo lugar o concerto de Alteanos, organizado desde o noso centro, ao que tamén convidamos os IES Pedra da Auga e IES do Barral. Dous foron os pases que deu o grupo, formado por alumnado dos 3 institutos de Ponteareas, pois moito era o público que quixo e puido asistir a disfrutar de grandes éxitos como este "Miña terra galega", de Siniestro Total, que vos deixamos nun pequeno vídeo.

Parabéns, Alteanos, polo voso esforzo! O resultado ben pagou a pena.

 

CONCERTO DIDÁCTICO CON MARCOS AMADO

O pasado día 12 de abril o alumnado de 2º de Bacharelato puido desfrutar dun concerto didáctico a cargo de Marcos Amado Rodríguez "Santiso", musicólogo ponteareán que temos no instituto facendo as prácticas do mestrado de formación de profesorado. Esta actividade, enmarcada na súa investigación sobre música e historia na educación, titulouse «Y así voy cantando mi ardiente pasión: O Teatro Lírico Español como ferramenta didáctica para o estudo da historia», na que colaboraron, elaborando o programa de man e a xestión do propio concerto, as nosas alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato de música! 
Os encargados de pór a música foron a pianista Carmen Bargiela Casasnovas e as cantantes Sara Cayetano Sío e Brian Artur Faro. 
 
 

 

Marcando o ritmo coa ecopercusión

A semana pasada o noso alumnado de Música puido coñecer e practicar a ecopercusión nun interesante obradoiro no que amosaron, tal e como podemos ver neste vído, o ben que se lles dá marcar o ritmo!

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DA ESO: MODIFICACIÓNS

Segundo a Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de maio de 2022 que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final. Adxúntanse, polo tanto, as Programación Didácticas da ESO, tanto dos cursos LOMCE (cursos pares) coma LOMLOE (cursos impares) coas modificacións pertinentes.

Concerto de Fisión Atántica Ensemble, de Haydn ás danzas de Reis de Guláns

O pasado venres tivemos connosco a Fisión Atlántica Ensemble. Dentro dos diferentes concertos que ofreceron en distintos lugares de Ponteareas, pasaron tamén polo Val do Tea para compartir co noso alumnado e tamén co alumnado do IES Pedra da Auga e do IES do Barral os seus Cuartetos para frauta e trío de cordas de Haydn, fusionados coas Danzas de Reis de Guláns.

Unha vez máis faise patente a grande tradición musical que nos rodea na vila de Ponteareas!

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-2023 (CURSOS LOMLOE)

Achégase a programación didáctica do departamento de Música para 3º ESO.

Concerto da Orquestra do IES Pedra da Auga

O pasado martes día 15, as compañeiras e compañeiros do IES Pedra da Auga, dirixidas/os pola súa profesora de Música, Paula Carreras ofreceron un bonito concerto ao noso alumnado de 2º ESO, cun variado repertorio que ía desde a "Bamba" ou "Color esperanza" ata o "We will rock you" de Queen.

Parabéns, orquestra, polo voso traballo!

 

 

 Podedes escoitar un fragmento dunha das súas pezas neste enlace:

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-23 (CURSOS LOMCE)

Adxúntase a programación para os cursos LOMCE (cursos pares).

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa