Francés
HAHULA HULA!
Enviado por admin o Mér, 13/11/2024 - 13:38O mércores 6 de novembro, estivo de novo no noso Centro o Contacontos Samuel Mountoumnjou, profesor de linguas e mediador intercultural. Soubo manter viva a atención de todo o auditorio, contando historias en Francés da súa infancia en Camerún, historias transmisoras de valores diversos, de entre os cales destacou o de aprender a escoitar aos demais. HAHULA HULA! Érase unha vez...
É de agradecer a implicación no bo desenvolvemento da actividade do alumnado de Francés de 1º e 2º ESO e do profesorado acompañante, escoitando, repetindo as palabras de Samuel, cantando, interpretando e bailando.
Et merci aussi à vous, Samuel, pour votre savoir-être, votre savoir-faire, vos belles histoires remplies de sentiments et de couleurs. Et pour votre HAHULA HULA!” qui nous maintient toujours attachés à vos paroles, à vos gestes et à vos contes.
Écouter, respecter, apprendre et transmettre. Voilà votre devise! Et on répète tous avec vous : “HAHULA HULA”.
Obradoiro de “crêpes” con La Marinière
Enviado por admin o Mar, 18/06/2024 - 08:40O luns 20 de maio, o alumnado de Francés de ESO e 1º de Bacharelato participou nun obradoiro de “crêpes”.
Un ano máis, Jérémy Thomas achegouse ao noso centro co seu food truck “La Marinière”.
O alumnado estivo atento á presentación que Jérémy lle fixo sobre a rexión de Bretaña e respondeu con dinamismo ás súas preguntas. Logo, tocoulle por mandís para axudar na preparación duns “crêpes” que aderezaron con diferentes recheos.
O profesorado organizador quere destacar a boa implicación do alumnado en todas as fases do obradoiro e a súa inmersión nos roles a interpretar. Parabéns!
Aínda non terminara a actividade, que xa estaban reclamando a súa repetición como mínimo unha vez ao mes!!!
"Emilia arrive à Paris" no Teatro Salesianos
Enviado por admin o Lun, 29/01/2024 - 18:10O venres 19 de xaneiro, o alumnado de Francés de 3º ESO, 4º ESO, 1º e 2º Bach. asistiu a representación de “Emilia arrive à Paris” na Sala Salesianos de Vigo onde Transeduca organiza obras de teatro adaptadas en francés e protagonizadas por actrices e actores nativas/os.
Nun contexto no que os medios audiovisuais son os máis consumidos polos adolescentes, a compañía trouxo, nesta ocasión, unha historia da pequena pantalla cunha xove española que debe trasladarse a París por traballo. Alí, coñecerá xente nova e descubrirá novos costumes.
Como xa tivera un contacto coa trama e cos personaxes da obra, ou ben porque xa mirara a serie “Emily in Paris” ou polas actividades realizadas anteriormente na aula, o alumnado puido entender as diferentes escenas sen maior dificultade.
Ao rematar a representación, as actrices e actores deron a palabra ao alumnado e profesorado asistente que lles fixeron moitas preguntas sobre a montaxe da obra e as súas traxectorias persoais e profesionais.
E como non, despois de saciar a curiosidade cultural, tocáballe a quenda ao apetito.
Á falta de “cuisine française”, comida “internacional”. Un día é un día! Une fois de temps en temps, ça ne fait pas de mal!
Obradoiro de crêpes
O martes 6 de xuño, o alumnado de Francés de 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º de BACH. participou nun obradoiro de “crêpes”.
Jérémy Thomas trouxo ao centro o seu food truck “La Marinière” e realizou co alumnado unha actividade lúdica e didáctica á vez. O alumnado descubriu información sobre a rexión francesa de Bretaña, practicou diálogos en francés e axudou a facer “crêpes” que logo degustou con diferentes recheos.
De la part des élèves et des enseignants participants, nous disons merci à Jérémy pour cette expérience enrichissante et pour ses crêpes qui sont une véritable délice.
MERCI JÉRÉMY
PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DA ESO: MODIFICACIÓNS
Segundo a Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de maio de 2022 que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final. Adxúntanse, polo tanto, as Programación Didácticas da ESO, tanto dos cursos LOMCE (cursos pares) coma LOMLOE (cursos impares) coas modificacións pertinentes.
Conte avec moi, con Samuel Mountoumnjou
O venres 1 de marzo visitounos o Contacontos camerunés Samuel Mountoumnjou. Asistiu ao espectáculo o alumnado de 1º ESO nunha primeira sesión e logo o de 2º ESO e os grupos de Francés de 3º e 4º de ESO.
Samuel é profesor de linguas e mediador intercultural. Contou historias en francés e castelán cargadas de cor e calor, historias que o seu avó lle contaba ao redor do lume nas noites africanas da súa infancia.
Suscitou o interese do público mantendo a súa atención e solicitando a súa colaboración para poder, a través da aprendizaxe dunha lingua estranxeira, transmitir diferentes valores como o da amizade, a solidariedade, a igualdade, a tolerancia...
MERCI à Samuel pour ces belles histoires magiques qui nous amusent et qui en même temps ouvrent notre coeur et nos pensées à un monde meilleur.
MERCI au public, du plus jeune au plus âgé, des élèves aux professeur(e)s pour leur attention et leur participation.
Cela a été un plaisir de nous plonger dans ce monde sensationnel et de répondre “Hahula hula!”. Samuel, raconte, raconte! On est là pour t’écouter et apprendre comme toi tu as su le faire de ton grand-père. HAHULA HULA!
ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA O ALUMNADO DE BACHARELATO
Achégase a Orde do 18 de xaneiro de 2023, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no 2023.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-2023 (CURSOS LOMLOE)
Achégase a programación didáctica do departamento de Francés para os cursos LOMLOE (1ºESO, 3ºESO e 1ºBAC)