Artes Plásticas
A Santa Compaña percorreu o Val do Tea
Enviado por admin o Mar, 05/11/2024 - 20:07O pasado mércores a Santa Compaña percorreu os corredores e aulas do Val do Tea en busca de novos membros. Moitos foron os alumnos que, entre risos e berros, se sorprenderon coa súa visita e a acompañaron no seu percorrido.
Esta actividade, promovida polo departamento de Artes Plásticas, formou parte da nosa celebración do Samaín. Todo un éxito e un bo traballo do alumnado de Artes!
COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO 2024-25
- Marta Outeiriño (XD)
- Xoán Carlos Fernández
- Ana Fervenza
Participamos na XVIII edición de Esculturas de area na Lanzada
Enviado por admin o Mér, 29/05/2024 - 08:26O pasado luns o alumnado de 3º ESO participou na actividade Esculturas de area, organizada un ano máis polo IES Monte da Vila de O Grove, unha experiencia diferente e que gustou moito ao alumnado. E para mostra, compartímosvos algunhas imaxes da xornada!
Traballos de gravado e estampación
Traballos de gravado e estampación do alumnado de 2° de Bacharelato de Artes. Exercicios de debuxo tendo en conta o "efecto espello".
A arte enche as vitrinas do Val do Tea
Compartimos convosco imaxes dalgunhas das exposicións que foron pasando polas vitrinas do Val do Tea nos últimos meses.
1. Exercicio da materia de Deseño, no Bacharelato Artístico: "Ilumina un deseño". Bocetos para deseñar unha lámpara e maqueta ou prototipo da mesma:
2. Debuxos de volumes xeométricos resoltos con valores e gradacións cromáticas. Realizados na materia de Debuxo Artístico:
3. Caixas e packaging. Envolver, almacenar e transportar productos. Traballo de deseño de 2° Bacharelato:
Autorretratos 2º Bacharelato
Enviado por admin o Ven, 05/04/2024 - 08:19O feito de que no Bacharelato de Artes temos verdadeiras artistas sabémolo ben no Val do Tea, e para mostra só tedes que achegarvos a ver os seus autorretratos!
COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO 2023-24
- Daniel Iglesias (XD)
- Marta Outeiriño Gallego
- Liliana Lista
PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DA ESO: MODIFICACIÓNS
Segundo a Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de maio de 2022 que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final. Adxúntanse, polo tanto, as Programación Didácticas da ESO, tanto dos cursos LOMCE (cursos pares) coma LOMLOE (cursos impares) coas modificacións pertinentes.
Traballos do alumnado de Volume (Bach. Artístico)
Compartimos algunhas imaxes da pequena exposición de traballos do alumnado de Volume, do Bacharelato artístico, que se pode atopar actualmente nas vitrinas da entrada do centro.
Empregaron diferentes materiais: habituais, como cartón, papel, barro, e non tan habituais como, arame e material de refugallo. Tomaron como referente o traballo escultórico de Alenxander Calder (pequenas esculturas móbiles negras), Alberto Giacometti e Louise Bourgeois (traballos en arame) ou o traballo de artistas minimalistas como Sol Lewitt ou Donald Judd (traballos xeométricos).