Relixión
Viaxamos con Exeria
O luns da pasada semana, 13 de novembro, chegou Exeria para explicarnos detalles da súa viaxe e para convidarnos a seguir camiñando con ela polo seu libro, camiño das palabras...
O alumnado de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de charlar con Marisa Vidal Collazo, autora de Eu son Exeria, lectura feminista dunha viaxe no século IV, sobre a vida desta interesante muller pioneira do seu tempo.
Grazas, Marisa, pola túa visita.
PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DA ESO: MODIFICACIÓNS
Segundo a Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de maio de 2022 que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final. Adxúntanse, polo tanto, as Programación Didácticas da ESO, tanto dos cursos LOMCE (cursos pares) coma LOMLOE (cursos impares) coas modificacións pertinentes.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-2023 (CURSOS LOMLOE)
Achégase a programación didáctica do departamento de Relixión para os cursos LOMLOE (1ºESO, 3ºESO e 1ºBAC)
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-23 (CURSOS LOMCE)
Adxúntase a programación para os cursos LOMCE (cursos pares).
Adaptación dos Criterios de Avaliación á nova lei
Enviado por admin o Lun, 02/05/2022 - 16:57Con motivo da publicación do RD 217/2022 que regula a avaliación do presente curso, foi necesario realizar algunhas modificacións dos criterios de avaliación que se adapten ao novo formato e calendario de avaliación, como consta no PDF adxunto para este departamento.