Iniciar sesión: Acceso

Xeografía e Historia

Kalim, benvidos

O venres 8 de novembro recibimos a sete persoas africanas que están residindo en Mondariz Balneario á espera de poder obter aquí os seus permisos de residencia. A asociación ACCEM, cuxo traballo admiramos fondamente, propúxonos facer esta a actividade, este encontro dos dous mundos, o dos nosos e nosas escolares desta vella Europa (tan ancorada en si mesma, tan repregada na súa historia) e a África que ten tanto para darnos.
Quedamos moi agradecidas deste encontro nos que nos decatamos de que semellantes somos todos. Eles ofrecéronnos as súas historias, duras, dolorosas, pero cheas de tenrura e de confianza, de fortaleza e resiliencia. Nós só soubemos ofrecerlles o noso: noces, castañas e o magosto, abelás,... os libros da natureza que nos fai de berce.
Que a nosa natureza fermosísima e os seus froitos sexan berce tamén para eles.

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.

                                                   Celso Emilio Ferreiro

Kalim, benvidos.

 

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO 2024-25

  • Adrián Barreiro (XD)
  • Xurxo Gómez
  • David Álvarez
  • Érika Estévez

"Coñece as túas institucións". Visitamos o Parlamento Galego e a Xunta de Galicia

O pasado martes 31 de outubro, o alumnado de 3º ESO tivo a oportunidade de visitar o Parlamento galego e a Xunta de Galicia grazas ao programa "Coñece as túas institucións" e á iniciativa do Departamento de Xeografía e Historia. Ben se ve que foi unha visita moi interesante!

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO 2023-24

  • Adrián Barreiro (XD)
  • Xurxo Gómez
  • David Álvarez
  • Sofía García

Visitamos o Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las

O pasado venres 14 de abril o alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade de visitar o Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las, onde participaron en diferentes obradoiros. Todo apunta a que foi unha mañá moi ben aproveitada!

Achegámonos a Domingo Fontán, impulsor da xeografía moderna

Domingo Fontán foi o impulsor da xeografía moderna en Galicia e a primeira persoa en elaborar un completo mapa da comunidade con metodoloxía científica e coa tecnoloxía do século XIX.

O pasado mércores 12 de abril o alumnado de 3º ESO do noso centro, xunto con alumnado doutros centros de Ponteareas, achegouse á súa figura a través do documental Fontán, o primeiro rostro de Galicia e dunha conferencia e un coloquio explicativo no que puideron manexar instrumental similar ao empregado por Fontán nos 17 anos que tardou en realizar o seu mapa cartográfico de Galicia.

Fotos do Concello de Ponteareas.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DA ESO: MODIFICACIÓNS

Segundo a Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de maio de 2022 que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final. Adxúntanse, polo tanto, as Programación Didácticas da ESO, tanto dos cursos LOMCE (cursos pares) coma LOMLOE (cursos impares) coas modificacións pertinentes.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-2023 (CURSOS LOMLOE)

Achégase a programación didáctica do departamento de Xeografía e Historia para os cursos LOMLOE (1ºESO, 3ºESO e 1ºBAC)

Visita a MeteoGalicia

Parte do alumnado de 2º Bacharelato e da ESA asistiron onte a unha sesión formativa sobre meteoroloxía e aparellos meteorolóxicos nas instalacións de MeteoGalicia (Santiago de Compostela). Aínda que o tempo non acompañou, a continuación puideron realizar unha visita guiada á catedral de Santiago da man da nosa profe de Xeografía e Historia, Lucía.

 

Visita a Aquis Querquennis e Celanova

A chuvia destes últimos días non impediu que parte do noso alumnado tivese a oportunidade de visitar o pasado luns o complexo arquitectónico romano Aquis Querquennis e a vila de Celanova.

   

     

 

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa