Orientación
PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Achégase o Plan Xeral de Atención á Diversidade (PXAD) do IES Val do Tea aprobado o 28 de xuño de 2024.
ADMISIÓN CICLOS
Desde hoxe día 24 de xuño está aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión a ciclos de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será do 24 de xuño ás 09.00 horas ao 4 de xullo ás 13.00 horas.
Podedes atopar máis información e os calendarios correspondentes na seguinte ligazón:
Charla sobre a protección da natureza (Plan Director)
Enviado por admin o Mér, 29/05/2024 - 10:43Onte, martes, o alumnado de 2º ESO participou nunha charla informativa para dar a coñecer o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) dependente da Garda Civil así como transmitir información básica e pautas de actuacións ante diversas emerxencias que se poidan dar.
ACCESO E ADMISIÓN NAS ENSINANZAS ARTÍSITICAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
Publicada a Resolución do 10 de abril de 2024 pola que se ditan as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas artístifcas profesionais de Artes Plásticas e Deseño en Galicia para o curso 2024/2025. (Ciclos formativos)
O prazo de inscrición vai ata o 10 de xuño para o alumnado que realice a proba substitutiva dos requisitos académicos e ata o 21 de xuño para o alumnado que só teña que realizar a proba específica e para as cales solicitan a exención das probas.
As solicitudes faranse de forma telemática cubrindo o formulario dispoñlible na ligazón habilitada na aplicación CodexPro na páxina web de cada centro.
As persoas aspirantes con discapacidade poderán solicitar a adaptación das probas. Resérvase un 5%das prazas ofertadas para quen acredite discapacidade dun 33% ou maior.
Resérvanse razas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel.
ACCESO E ADMISIÓN A ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES
O prazo de inscrición está compredido entre o 26 de abril e o 25 de xuño de 2024.
As solicitudes faranse de forma telemática cubrindo o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas/ e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel. Na inscrición da proba hai que indicar a especialidade, o itinerario e a preferencia de centro.
A proba substitutiva dos requisitos de titulación para quen non os cumpra levarase a cabo o día 30 de maio no IES San Clemente, en Santiago de Compostela.
A proba específica de acceso levarase a cabo nos centros de ensinanzas artísticas superiores de Galicia e só é válida ara o curso académico presente e na especialidade para a que se realice.
BECAS NEAE
No seguinte enlace podedes atopar toda a información relacionada coas becas NEAE.