Material escolar
AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO AO ESTUDO PARA O CURSO 2024/2025
Enviado por admin o Ven, 12/07/2024 - 11:01Compartimos información relativa á convocatoria de axudas municipais de apoio ao estudo para o curso 2024/2025.
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR
- Listaxe provisional día 12/07/2024. Lugar de publicación: no taboleiro dentro do centro, ao lado de conserxería.
- Listaxe definitivo día 29/07/2024. Lugar de publicación: no taboleiro dentro do centro, ao lado de conserxería.
- Entrega de vales das axudas de material escolar curso 2024/25, a partir do 30/07/2024.
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DA ESO CURSO 2024/25
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024
CONVOCATORIA
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html
FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
1. Electrónica: utilice esta aplicación e presenta a solicitude na Sede Eletrónica:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2024&numpub=1&lang=gl
Importante: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos
Necesitará ter:
a) Conta de Chave365 (https://www.xunta.gal/chave365/que-e) ou,
b) Ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma (https://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html)
2. Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro (https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/211121791)
3. Presencial manual: cubra os Anexos I e II (imprimindo desde a aplicación (https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/211121791) ou recolléndoos no centro, e presénteos no centro en horario lectivo.
Importante: o alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai a estar escolarizado no curso escolar 2024/25, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023/24.
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR COA SOLICITUDE: a información está no:
Artigo 11 da Orde da convocatoria
Artigo 12 da Orde da convocatoria
- Solo no caso de que a situación familiar cambiase, teñen que aportar a documentación que acredite dito cambio (novos membros da unidade familiar, sentenzas de separación, discapacidades, etc.).
- No caso que sinale que se opón á comprobación telemática pola administración terá que presentar a documentación.
- A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática.