Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro

Graduación 4º ESO 2024

Compartimos convosco algunhas imaxes da celebración o pasado venres 21 de xuño do Acto de Graduación de 4º ESO.

Ao remate deste curso, estes rapaces e rapazas iniciarán unha nova etapa, algúns deixarán o noso centro, outros comezarán o Bacharelato,... Sexa cal sexa o destino escollido, desexámosvos o mellor!

Moita sorte a todas e todos!

Álbum: Curso 2023-24 -> Graduación 4º ESO 2024

O alumando do IES Val do Tea no acto de homenaxe aos Mellores Expedientes de Galicia ABAU 2024

O pasado venres tivo lugar o evento de homenaxe ao estudantado con mellores expedientes Galicia ABAU 2024. Desde o IES Val do Tea queremos felicitar a todo o alumnado que participou neste evento, en especial ao noso alumnado homenaxeado: Lucía, Ariadna, Pablo, María e Adriana.

Parabéns polo voso traballo e moita sorte de agora en diante!! 

Graduación 2º Bacharelato 2024

Compartimos convosco este "pequeno" álbum fotográfico da celebración o pasado venres 7 de xuño do Acto de Graduación de 2º Bacharelato. Nin a chuvia foi quen de quitarlles as ganas de celebrar!

Parabéns, rapazas e rapaces. Desexámosvos moita sorte nesta nova etapa que comezades. 

Álbum: Curso 2023-24 -> Graduación 2º Bacharelato 2024

Celebrando os 25 anos da súa graduación!

A historia do IES Val do Tea escríbea o seu alumnado, o profesorado,... todas as persoas que ano tras ano van percorrendo os seus corredores... E hai xa 25 anos que estas alumnas e alumnos celebraron a súa graduación! O pasado sábado reuníronse alumnas, alumnos e profes daquela bonita etapa para celebrar o aniversario, e pola foto podemos ver que pasaron unha boa noite.

Agardamos que celebredes o 50 aniversario nun futuro e que nós o poidamos ver!

Recoñecemento aos Mellores Expedientes do Bacharelato 2023

Onte tivo lugar no multiúsos Fontes do Sar o Acto de Recoñecemento dos Mellores Expedientes do Bacharelato 2023. Alí estaban Aida, Carlos, Valeria, Sara, Alejandro e Amalia para recoller o seu tan merecido diploma. Parabéns, rapazas e rapaces pola vosa constancia, dedicación e esforzo. Foi o voso traballo o que vos trouxo ata aquí e o que vos levará a onde queirades ir de agora en diante! 

Graduación 4º ESO 2023

Compartimos convosco algunhas imaxes da celebración o pasado venres 16 de xuño do Acto de Graduación de 4º ESO.

Ao remate deste curso, estes rapaces e rapazas iniciarán unha nova etapa, algúns deixarán o noso centro, outros comezarán o Bacharelato, pero para todos eles e elas desexamos que sexa unha etapa tan fermosa como esta que rematan e que o futuro lles traia grandes experiencias.

Moita sorte a todas e todos!

Álbum: Curso 2022-23 -> Graduación 4º ESO (16/06)

Graduación 2º Bacharelato 2023

Compartimos convosco este "pequeno" álbum fotográfico da celebración o pasado venres 19 de maio do Acto de Graduación de 2º Bacharelato. Desde o Equipo de Dirección do centro queremos felicitar o alumnado pola organización deste fermoso evento, xa que demostraron unha vez máis o traballadoras e traballadores que son. Así lles quedou de fermoso o acto!

Parabéns, rapazas e rapaces. Desexámosvos moita sorte nesta nova etapa que comezades. 

Álbum: Curso 2022-23 -> Graduación 2º Bacharelato (19/05)
Distribuir contido

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa