Escola de Familias
PRESENTACIÓN: E-DIXGAL PARA FAMILIAS
Achegamos a presentación empregada polo formador na sesión de E-Dixgal para familias.
(Clicar no enlace que aparece en azul para acceder á presentación)
Boa acollida na primeira xornada da Escola de Nais e Pais
Enviado por admin o Xov, 14/03/2024 - 21:45Na nosa primeira sesión da Escola de Nais e Pais do Val do Tea contamos coa psicóloga e pedagoga Luciana Maccio, quen nos fixo reflexionar sobre a etapa da adolescencia, os medos, as frustracións, a mellora da autoestima do noso alumnado, entre outros temas; como abordar estes temas dun xeito práctico.
Moitas grazas a Luciana, e tamén a tódalas nais e pais que asistiron e participaron activamente, así como dúas alumnas de bacharelato que tamén expresaron o seu punto de vista sobre estas cuestións.
Sen dúbida, unha tarde ben interesante.
Xa estamos agardando pola seguinte!