SAMAÍN NO VAL DO TEA
O mes de outubro vén cheo de concursos para o noso alumnado!
Con motivo do Samaín, poderedes decorar as portas das aulas e participar no concurso "Portas do terror". Tamén podedes engalanar as aulas. A temática deberá ser terroríííífica.
DATA LÍMITE: 27 DE OUTUBRO
Ademais de decorar, "Toca cociñar!". Convidámosvos a participar na II edición do noso concurso de doces. Debedes respectar as bases do concurso que indicamos a continuación:
- Elabora un doce.
- Decórao para que sexa máis vistoso. A temática é o Samaín.
- Copia nun papel a receita indicando ben claro os ingredientes que empregaches. Por suposto, EN GALEGO.
- Pensa nun seudónimo que che guste e anótao no papel da receita. (O teu nome só debe sabelo a persoa encargada de recoller os doces).
- O día da entrega será o 28 DE OUTUBRO antes do 1º recreo.
- Durante o 1º e 2º recreo o xurado seleccionará os doces gañadores que recibirán interesantísimos premios!